Que facemos >  

Que facemos

Engánchate ao voluntariado

  • Voluntariado, unha actitude positiva e comprometida das persoas reclusas coa comunidade
  • Dende - Ata: 08/01/2015 - Actualmente

Para que?
É unha iniciativa promovida por a Fundación Barrié e o equipo directivo do centro penitenciario de Ourense para promover e dar a coñecer entre estudantes de ESO da cidade de Ourense, a importancia do voluntariado como unha alternativa que favorece o seu desenvolvemento e as relacións sociais, desde unha visión positiva e comprometida coa súa comunidade.

 

Por que?
O voluntariado é unha ferramenta eficaz para previr a aparición de condutas de risco, ao mesmo tempo que se fomentan hábitos positivos nas persoas, como unha alternativa de relación social equilibrada.

 

Como traballamos
Neste proxecto, a través de charlas de sensibilización e accións de voluntariado, unimos a experiencia que lle achega o voluntariado a un grupo de persoas reclusas, coa prevención de comportamentos de risco entre os máis novos.
Para iso, preparamos a un grupo de persoas que cumpren condena no centro penal de Ourense, para transmitir a súa experiencia de vida a alumnos e alumnas de Ourense, ao mesmo tempo que propoñen ao alumnado a participación en actividades de voluntariado.
O proxecto finaliza coas accións voluntarias que realizan alumnos e alumnas colaborando con entidades sociais ou institucións que prestan atención a persoas en situación de vulnerabilidade social.

 

Os resultados
Desde o curso escolar 2015-16, cerca de 500 alumnos e alumnas de 7 centros educativos de Ourense, participaron no proxecto, realizando 14 accións de voluntariado en distintas entidades sociais e institucións que atenden ou acompañan a persoas en situación de vulnerabilidade. Un exemplo desta acción sociais son a exposición "Enganchad@s á Igualdade", un catálogo de xoguetes non sexista ou esta publicación de pasatempos igualitarios.

 

"Engánchate ao voluntariado" faise realidade grazas ao apoio da Fundación Barrié.

 

Queremos coñecer a túa opinión sobre este proxecto. Dedícasnos 1 minuto?

 

 

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Imaxes
  • 1 de 16