Que facemos >  

Que facemos

Proxectos de Aprendizaxe e Servizo (ApS)

  • Os coñecementos ao servizo da sociedade
  • Dende - Ata: 12/07/2011 - Actualmente

Para quen?
O aprendizaxe-servizo é unha metodoloxía que poñemos en práctica con persoas reclusas que participan nos nosos proxectos de Prisión e co alumnado do noso Programa de Escolas.


Para que?
Aprender facendo, ao mesmo tempo que solucionamos unha necesidade social, é a esencia da metodoloxía de aprendizaxe e servizo (ApS). A través desta metodoloxía implicamos á poboación reclusa na prevención do delito, fomentando entre a mesma hábitos positivos e habilidades sociais que favorecen a desistencia delituosa. Tamén, desenvolvemos accións co alumnado para que os mozos e mozas investiguen as condutas de risco e participen activamente na prevención das mesmas. 

Doutra banda, creamos alianzas entre as prisións, os centros educativos e os distintos axentes sociais que permiten que os e as participantes coñezan outras realidades sociais e se impliquen en accións sociais. É o caso do noso proxecto Engánchache ao voluntariado.


Por que?
A través da participación activa en accións solidarias adquírense valores e habilidades sociais moi útiles á hora de evitar condutas negativas que poden levar á comisión dun delito. Por iso, o  ApS é unha ferramenta moi favorable para previr comportamentos negativos de mozos e mozas así como para favorecer a desistencia delituosa de persoas privadas de liberdade.

 

 

Como traballamos
Nunha primeira fase, desde  APES desenvolvemos diferentes sesións para que as persoas participantes investiguen unha determinada realidade social e adquiran os coñecementos necesarios para levar a cabo unha acción solidaria relacionada coa mesma. Por exemplo, o grupo de Detectives Sociais que asisten ás actividades de conciliación que o  Concello de Ourense organiza no Centro cívico da Cuña e que  APES desenvolve, investigaron sobre a diversidade funcional e as barreiras arquitectónicas do seu barrio.
A continuación, e poñendo en valor os coñecementos adquiridos durante a formación, as persoas participantes póñenos ao servizo da comunidade. É o caso da sesión impartida por persoas reclusas en Down Ourense, sobre habilidades sociais que axudan na procura de emprego.

O noso proxecto en números
Desde a posta en marcha desta metodoloxía en 2011, implementámola como parte fundamental nas diferentes edicións de 7 dos nosos proxectos, tanto de prisión como de escolas. Ao longo destes anos participaron preto de 1200 alumnos e alumnas e máis de 450 persoas reclusas

 

E  ti, Déixasche contaxiar polo ApS?

 

Queremos coñecer a túa opinión sobre este proxecto. Dedícasnos 1 minuto?

MATERIAIS RELACIONADOS
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 3