Que facemos >  

Que facemos

Detectives Sociais

  • Innovación educativa para potenciar o talento de rapaces e rapazas
  • Dende - Ata: - Actualmente

Para quen?

Está destinado a nenos, nenas, mozos e mozas de centros educativos ou de formación, como un complemento socioeducativo ao programa formativo, ao traballo colaborativo, que moitos centros xa inclúen dentro da súa metodoloxía, ou como actividade extraescolar.

 

Para que? 

Queremos potenciar o talento e responsabilidade social de nenos, nenas, mozos e mozas.
Coa nosa proposta formativa os participantes convértense en auténticos “detectives sociais” adquirindo coñecementos sobre temáticas diversas relacionadas con condutas de risco, de tal forma que mentres investigan e deseñan propostas para sensibilizar á sociedade sobre os temas elixidos, vanse concienciando eles mesmos.
Con este proxecto logramos un impacto nos participantes directos, xa que aprenden pautas adecuadas, coñécense mellor a si mesmos e descobren os seus talentos; pero ademais, conseguimos ter impacto nas persoas que participan de forma indirecta, que son outros nenos e nenas, as familias e a comunidade en xeral, xa que o proxecto inclúe a creación e realización dunha acción social de sensibilización.

   
Por que?

Na infancia e adolescencia asentanse as bases das condutas e unha gran cantidade de hábitos de comportamento, é por iso, que consideramos esencial afianzar o arraigamento social dos máis novos, como ferramenta para previr comportamentos de risco.
Na nosa sociedade non se fala suficiente da prevención social; aínda que se acometen accións para previr condutas de risco delitivo, a maioría de recursos oriéntanse á intervención cando xa hai un problema visible. Isto ten uns custos emocionais e económicos importantes.
Centrarse na prevención de comportamentos de risco é unha tarefa complexa, pero necesaria. Estes comportamentos están vinculados a distintos factores, un deles é un deficiente arraigamento social.

 

Como traballamos

Colaboramos con centros de educación formal ou non formal onde poñemos en marcha proxectos que unen a metodoloxía de aprendizaxe-servizo coa teoría do arraigamento social.

Ao iniciar o proxecto, lanzamos un reto para sensibilizar sobre unha temática concreta de índole social, deste xeito nenos, nenas, mozos e mozas participantes vivirán unha experiencia de investigación, aprendizaxe, traballo en equipo e implicación social.
Estes “detectives sociais” convértense nos auténticos protagonistas, tendo a posibilidade de potenciar o seu talento ao mesmo tempo que van planificando,  dando forma ao proxecto, asentando os coñecementos adquiridos, preparando e establecendo accións-servizos sociais que levarán a cabo.
As accións sociais postas en marcha, permiten aos mozos e mozas participantes sentirse cidadáns do presente, poñendo o seu gran de area para mellorar a súa comunidade.
Na última fase do proxecto centrámonos en realizar a avaliación dos resultados obtidos coas distintas actividades, enquisas e test realizados ao longo do proxecto.


O noso proxecto en números

Detectives Sociais iníciase no curso escolar 2013-2014, desde entón formamos a máis de 730 mozos e mozas, colaboraron 6 centros educativos, 5 centros cívicos, e lanzáronse 10 retos con distintas temáticas, destacando as destinadas a previr o acoso escolar, o vandalismo, a violencia filio-parental ou os delitos forestáis.

Desde ​o ano 2017 continuamos formando a nenos e nenas en centrs cívicos da cidade de Ourense, sendo un total de 214 detectives sociais hasta a actualidade. Os retos que realizaron están relacionados coas temáticas de diversidade funcional, coñecemento e coidado do barrio, dinamización do centro cívico, intelixencia emocional e medioambiente.

​No​ 2017, ​o ​pro​x​ecto As de Guía ​recibiu un​h​a Mención ​á ​innovación ​e​ singularidad​e​ ​na entrega de Premios Estatais de Aprendiza​x​e ​e​ Servi​zo​.

 

Infórmate
Se queres ampliar máis a información sobre Detectives Sociais, contacta connosco en:

Tfno 988 107 629
e-correo prevencion@apesasociacion.org
 

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 2