Dende - Ata: 01/09/2021 - Actualmente
¿Para quen?
Este proxecto impulsado por APES en colaboración coa Fundación Barrié, está dirixido a nenos e nenas que cursan estudos de 5º e 6º de primaria de 10 centros de toda Galicia.
¿Para qué?
Para mellorar o arraigo social do alumnado, para crear espazos dentro dos centros que permitan catalizar o talento social e formar adultos comprometidos socialmente y para concienciar ó colectivo sobre a importancia da prevención e dos comportamentos de risco.
¿Por qué?
O motivo de escoller esta temática en concreto é o seguinte:
O vandalismo é un comportamento antisocial que se inicia normalmente na adolescencia e supón unha conducta de risco por ter como fundamento o uso da violencia contra as cousas. As persoas que se implican en actos vandálicos teñen un alto risco de verse inmersas en outros tipos de accións, como o consumo de tóxicos ou violencia. Estes actos son un aprendizaxe de accións potencialmente delictivas.
Os concellos piden colaboración cidadá ante o alto porcentaxe de actos vandálicos que se producen nas cidades, nos centros educativos e quese estenden a outras zonas.
Cómo traballamos
Desenvolvendo, por un período de 4 meses, a iniciativa baixo a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (ApS) na que implicamos ao alumnado na investigación das causas e consecuencias do vandalismo.
O alumnado de 5º e 6º de primaria xunto aos seus docentes e familias, investigan sobre a temática do vandalismo desde a orixe deste comportamento ata a búsqueda de solucións, coñecendo as consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo na súa cidade. Nesta iniciativa enmarcada no Proxecto Investigadores Sociais participan alumnos e alumnas de 10 centros de toda Galicia.
CPR Possmus (Vigo) - CEIP A Gándara Monforte - CPR Santiago Apostol (Soutomaior) - CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña) - CEIP Condesa de Fenosa (O Barco de Valdeorras) - CPR Concepción Arenal (Ourense) - CEIP O Couto (Ourense) - CEIP de Porto Cabeiro (Redondela) - CEIP de Prácticas López Ferreiro (Santiago de Compostela).
Esta iniciativa ApS está dividida en tres fases:
O resultado das accións sociais de #SenVandalismo 2021-2022 podes velo a continuación:
Os materiais didácticos empregados nas distintas fases do proxecto teñen como característica principal a adecuación as idades do alumnado e materiais académicos do curso e están compostos por fichas e material audiovisual elaborado expresamente para motivar aos alumnos a lograr os retos plantexados. Desta forma, utilízase a plataforma dixital de aprendizaxe do centro educativo, como ferramenta para facilitar a comunicación entre docentes e alumnado e para fomentar a participación de pais e nais nas iniciativas.
O noso proxecto en números
Desde que iniciamos o proxecto, no curso escolar 2016-2017, un total de 687 nenos e nenas convertéronse en investigadores sociais.
"Investigadores Sociais" faise realidade grazas ao apoio da Fundación Barrié.
Se queres ampliar a información, contacta con nos:
Tfno 988107 629
e-correo prevencion@apesasociacion.org
Queremos coñecer a túa opinión sobre este proxecto. Dedícasnos 1 minuto?